Manuel Gutiérrez (ferrol 1963)

Pianista fundamentalmente autodidacta, aínda que habitualmente participou en seminarios, clases maestras e particulares de piano, harmonía  e composición, con profesores como: Bill Dobbins, Dave Schnitter, ou Barry Harris, no ámbito jazzístico, e cos directores de orquestra Rafael Rodríguez Camacho e Joan Ensenyat, entre outros.

A súa carreira profesional abarca desde o Rock, Folk, “World Music”, Blues, Jazz,  ou as gravacións como músico de sesión, ata a composición de música para teatro ou documentais. Tocou en festivais en España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica,Bolivia, Corea Do Sur, México, Guatemala, El Salvador, Nicaragua, Honduras e China.

Na actualidade, traballa fundamentalmente con Sumrrá, xunto a Xacobe Martínez e Lar Legido, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola De Música. 

Discografía (seleccionada)

Maite Dono - Corazón De Brief  (Boa, 1998)

Maite Dono . Cantigas de Nadal (varios artistas)  (Boa, 1988)

Maite Dono - O Mar Vertical  (Xingra 2002)

Sumrrá - Sumrrá  (Madame Mir 2003)

Víctor Aneiros Band - Live In Montreux  (BCBr, 2003)

Víctor Aneiros Band - O Blues Do Amencer  (Gaztelupeko Hotsak, 2004)

Sumrrá - Sumrrá 2  - (Errabal, 2006)

Terela Gradín Quinteto - Lost - (Errabal, 2006)

Roberto Somoza - Tempos De Cambio -  (Xingra, 2007)

Rosa Cedrón - Entre Dous Mares  -  (Warner Music Spain, 2007)

Terela Gradín & Manuel Gutiérrez - Pascala - (Free Code Jazz Records, 2007)

Marcelino Galán  -  Zinco - (Free Code Jazz Records, 2008)  

Víctor Aneiros  -  Heroe Secreto  -  (Gaztelupeko Hotsak, 2008)

Sumrrá - 3 ao vivo  -  (Free Code Jazz Records, 2008) 

Sumrrá - 4.0 -  (Free Code Jazz Records, 2009)

Víctor Aneiros - Brétemas Da Memoria - (Gaztelopeko Hotsak, 2010)

Julie Gurevich & Víctor Aneiros Band - Back From The Blues - (Gaztelupeko Hotsak, 2012)

Manuel Gutiérrez Trio - Illa Da Lúa - (Free Code Jazz Records, 2012) 

Marcos Pin Bactor E-Reset - Barbanza  -  (Free Code Jazz Records, 2013)

Sumrrá - 5 Journeys (Clermont Music, 2016)

José Nine (DVD) - A danza dos que non se moven  (Free Code Jazz Records, 2017)

Sumrrá 6 mulleres - (Clermont Music, 2018)

Manuel Gutiérrez Trio - Unexpected Trip (Free Code Jazz Records, 2018)

Roberto Somoza - Play Ballads (Roberto Somoza 2018)