norte

É sen dúbida o meu proxecto mais persoal. En él conviven improvisacións, composicións sen marxe para a improvisación, e temas próximos ao jazz no aspecto formal. 

A primeira gravación que recolle esta experiencia, foi no Auditorio De Galicia, en dous días consecutivos. Para iso levei unha serie de composicións, e algunhas ideas que me serviron de punto de partida para as miñas improvisacións. Neste primeiro traballo van incluídas dúas improvisacións, dúas composicións inéditas, e dous temas que tiña gravado xa con Sumrrá, pero que quería gravar a piano só.